Abrimos unha nova pestana: "Biblioteca", para os contidos da futura biblioteca que estamos xestionando para o Centro Social.
A parroquia de San Xoán de Escudeiros pertence ao concello de Ramirás, na comarca de terra de Celanova, provincia de Ourense.
Este sitio pretende deixar un rexistro virtual dunha parte do medio rural galego, que, coma tantos outros, foi abandonado polos poderes políticos. Tamén pretende achegar algo de información para os que nos queiran visitar e para os que, tendo parte das suas raíces en Escudeiros, están na diáspora.
De Escudeiros parte este fermoso camiño, homologado no rexistro de roteiros como PR-G-143. Discorre polos canóns do Rio Arnoia e ten entre as súas principais características posuír un alto valoe natural e paisaxístico.
Ten unha lonxitude de 11 Km e está considerado de dificultade media, cun tempo estimado de 3 horas para o percorrer. Unha das`posibles alternativas é facer o circulas Escudeiros-Escudeiros, neste caso son 14 Km e 4 horas.
Neste apartado, coa achega de todos, tentaremos recompilar historias e lendas dos nosos antecesores: como homenaxe aos mesmos e para que perduren na memoria colectiva.
"Contan que hai tempo en Escudeiros houbo tres tendas, unha biblioteca e baile dodos os domingos. Na biblioteca xuntabanse os veciños pola noite e, os que sabían ler, lían o xornal en alto e, despois, entre todos comentaban as novas"