Mapa co track do roteiro

 

Mapa-roteiro.jpg

 

Perfil do tramo Escudeiros-O Val

Perfil.jpg

No seguinte enlace podes ampliar o mapa e ollalo en distintos formatos. Tamen podes deixar os teus comentarios.

http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=7479110

 

Rutómetro

No arquivo tes acceso o rutómetro deste fermoso camiño.

Rutometro.pdf

 

Descripión do roteiro (Ruta do canal ou ruta do río Arnoia)

O roteiro que se propon nesta web e o circular Escudeiros-Escudeiros, ten aproximadamente 14 Km, dificultade media, e podese facer en 4 horas. Está formado polo roteiro homologado PRG-143 que remata no Val (11 Km) e polo tramo Val- Escudeiros de 3 Km recentemente señalizado por veciños da Asociación Santa Barbara de Escudeiros.

Tramo Escudeiros presa do Peña ou Cachon 2,3 km.

O punto de partida constetúeo o conxunto arquitectónico formado pola Igrexa, Cruceiro e peto das Ánimas no centro de escudeiros. Saímos cara o leste pola Verea real. O pasar a Tapadiña e despois da última casa, encontramos a esquerda o primero sinal do roteiro. O camiño levanos pola Veiga e o Toural; onde encontramos unha frondosa vexetación autóctona, antes viñas e terra de labradío. Seguimos baixanto ata que vemos o canón do río Arnoia. Despois dunha forte pendente que atravesa unha fraga encontramonos a corga de Filgueiró que nos leva ata o río. Deixamos a esquerda o muiño da familia Pérez Pérez e xa estamos na presa.

Tramo da canle 1,8 Km.

A presa regula a entrada de auga a canle, que foi construido a mediados do seculo XX. O canal e un conducto hidraulico creado con fins industriais para recoller auga do rio, ganar altura  e producir enerxía electrica. Neste tramo podemos disfrutar do rio, que avanza cara o Miño con unha sucesión de remansos e pequenas cascadas, e da natureza, na que encontramos unha gran variedade de pequenas plantas, flores e arbores como: Freixos, Ameneiros, Sobreiras, Castaños, Carballos, Vidueiros, Estripeiros... O final da canle atopamos as ruinas da antigua mini central ta´men coñecida como Bomba. A producción electrica utilizouse inicialmente para abastecer a alguns pobos, e o final para bombear auga ata as minas para lavar o estaño.

Tramo de Seoane 1,5 Km.

Dende o final da canle comenza un pronunciado ascenso ata o coto de Seoane (A 200 m. do final da canle encontramos unha sinal e un desvío que nos pode levar outra vez a Escudeiros para os que non queiran facer a ruta completa). E aconsellable seguir a ruta ata o coto que forma un meandro desde o que se contemplan unhas impresionantes vistas dos canons e do pobo de Sande. O coto de Seoane configura unha proteción natural no que se asentou un poboado castrexo do que ainda se poden ver alguhas construccios. Temos que voltar descender ata o río zigue-zagueando polo bosque por unha forte pendente.

Tramo da Chancela 1 Km.

Outra vez no río, podemos disfrutar dun tramo que nos vai aportar unha sensación de paz e serenidade da que se pode disfrutar sentandonos un pouco na orilla. Deseguida chegamos o muiño da Chancela na marxe dereita do río, un dos poucos de Galiza con catro moas, non e facil de ver dende o camiño. Preto do muiño había unha ponte onde este roteiro coincide coa ruta do Afranio, un deputado do Partido Galeguista, que tivo que escapar dos fascistas disfrazado de esmoeiro por toda Galiza.

Tramo Chancela O Viso 1,5 Km.

Dende a Chancela comenzamos a subida ata a aldea de O Viso. Neste caso presentanse duas opcións, unha delas e seguir pola pista de terra sobre a que está señalizado o roteiro. A outra e ascender polo antigo Camiño da Costa, máis empinado pero máis fermoso. Xa no Viso, merece a pena facer unha paradiña na tradicional fonte, e repoñer un pouco de auga fresquiña.

Tramo: O Viso- O Val 2,5 Km.

A lado da fonte sai o camiño dos difuntos (chamado así por que era o utilizado pra levar os difuntos o cemiterio), polo que ascenderemos ata o santuario innacabado da Nosa Señora do Val. O sur do santuario podemos ver un potente túmulo funerario vestixio da cultura Neolítica que se desenvolveu entre o V e o II milenio antes da nosa era.

Tramo: O Val- Escudeiros 3,2 Km.

Esta e a parte do roteiro sin homologar. Está sinalizado en branco e azul. Iniciase volvendo unhos 200 mts polo PRG-143, subimos ato un cruce de pistas: A esquerda podemos ver un cruceiro rústico  e a dereita o valle do río Deva. Por unha baixada suave, que agradecen as pernas, seguimos ata as chairas de Poulo, para deseguida chegar o punto de partida baixando polo medio do pobo.

 

Formulario de contacto

Se queres alguha información adicional utiliza este formulario. Todos os campos son requiridos

Localización

Onde estamos por se nos queres visitar

Escudeiros

2014 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos