ALCUMES DE ESCUDEIROS (Autor: Carlos Méndez)

Un alcume é unha especie de sobrenome co que se trata de establecer unha diferenza ou connotación, ben dun individuo, ben dunha familia, ben dun lugar ou parroquia. Tamén se denomina: alcuño, nomeada, sobrenome e, por asimilación co castelán, apodo ou mote.

Nas sociedades antigas, antes de que se consolidara o sistema de apelidos, rexistros civís e demais, xogaron una importante función na individualización de persoas e familias; mesmo, co tempo, moitos pasaron a ser apelidos e viceversa.

Os alcumes abranguen tódalas clases sociais, aínda que predominan máis nas clases sociais baixas que nas altas. Asemade, ocupan a maioría de espazos, aínda que se dan máis
no mundo rural cá no urbano.

Scroll al inicio